A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA E O CONCELLO DE REDONDELA ENTREGARON ESTA MAÑA OS PREMIOS DA CAMPAÑA “Chapela, unha fiestra aberta ao mar”
A campaña acada unha notable participación con 1.658 tickets rexistrados no comercio e hostalaría de Chapela
A Asociación de Empresarios de
Redondela e o Concello de Redondela celebraron o acto de entrega dos premios da
campaña “Chapela, unha
fiestra aberta ao mar”, unha iniciativa posta en marcha para
dinamizar o comercio e a hostalaría de Chapela coincidindo coa Semana de
Rosalía.
“Chapela, unha fiestra aberta ao
mar” naceu co propósito de unir cultura, deporte, comercio e hostalaría arredor
da figura de Rosalía de Castro e a dinamización lingüística neste ámbitos.
A elevada participación confirma o
compromiso da veciñanza e o atractivo dunha proposta que combina dinamización
económica e identidade local buscando poñer
en valor o comercio de proximidade, e impulsar o consumo nos
establecementos da parroquia, que se implicaron activamente na ambientación e
nas actividades vinculadas a esta campaña
A resposta da clientela foi
extraordinaria, acadándose un rexistro
de 1.658 tickets de compra, unha cifra que consolida esta
acción como unha das máis participativas dos últimos anos en Chapela.
Durante o acto, celebrado nun
ambiente distendido e coa presenza de representantes do tecido comercial de
Chapela, do Concello de Redondela e da Asociación de Empresas de Redondela fixéronse
entrega dos agasallos ás persoas gañadoras desta edición.
Persoas premiadas e
establecementos onde realizaron a compra foron:
| Establecemento | Persoa premiada |
| Farmacia Pereiro | Arturo Bouzada |
| Frutas Manzano | Alicia Alonso |
| As Túas Cousas | Ana Mª Balsera |
| Farmacia Pereiro | Isabel González |
| Carnicería J. Currás | Roberto Urdeira |
| Las Cositas de Rouss | Ángeles Caride |
| Cafetería Enigma | Enrique Darriba |
| Tapería Meraki | Lali Fernández |
| The Glam Factory | Iria Pedrol |
| Floristería Arealonga | Rubén Castro |
A Asociación de Empresarios de Redondela agradece a
implicación de todos os establecementos participantes e, especialmente, o apoio
da clientela, que unha vez máis demostrou a súa confianza no comercio de
proximidade.