PANORAMICA-1.jpg

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA ORGANIZA UNHA XORNADA DE DIXITALIZACIÓN DO SECTOR TURÍSTICO

O Directo de Turismo de Galicia Xosé Manuel Merelles participa nas xornadas de dixitalización do sector turístico celebradas en Redondela

O Centro de Interpretación da Batalla de Rande acolleu onte unha xornada informativa dirixida ao sector turístico de Redondela, dos negocios. A subvención, impulsada pola Xunta de Galicia, ten como obxectivo mellorar a competitividade e a innovación das empresas turísticas mediante a incorporación de novas tecnoloxías. Entre as actuacións subvencionables atópanse a implantación de sistemas de xestión, a seguridade dos datos, o uso de Big Data e intelixencia artificial, a adquisición de equipamento tecnolóxico (ata un 10% do investimento) e a creación e comercialización dun produto turístico vinculado ao destino Galicia.

A xornada contou con expertos en dixitalización e representantes do sector, que expuxeron as vantaxes e os requisitos para acceder a esta axuda. Ademáis da participación de Xosé Manuel Merelles, director de turismo de Galicia, María Rita Pérez Táboas, concelleira de turismo de Redondela e Antonio Cabaleiro Covelo, concelleiro de novas tecnoloxías.

Tras a exposición desta axuda os asistentes poideron presenciar unha demostración en directo de Wairbot, un asistente virtual capaz de recoller as comandas dos clientes a través de Whatsapp, o que podería permitir os locais de hosteleria aforrar tempo e atender máis rápido.

Ao finalizar o acto, realizouse un network onde os asistentes puideron intercambiar opinións e resolver dúbidas nun espazo privilexiado .