
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA ASINA UN NOVO CONVENIO CON ABANCA
ABANCA E OS EMPRESARIOS DE REDONDELA ATOPAN NOVAS FÓRMULAS PARA IMPULSAR OS PROXECTOS LOCAIS
§
O acordo pon a
disposición deste colectivo numerosas opcións de crédito, grazas a produtos propios
e convenios con organismos públicos
§
Os asociados
tamén poderán beneficiarse do Programa Cero Comisións ou o servizo de financiamento
instantáneo APRAZOS.
01.02.2019. ABANCA e a Asociación de Empresarios
de Redondela acaban de renovar a súa colaboración en materia financeira, co
obxectivo posto en mellorar o acceso ao crédito dos autónomos e pemes desta localidade
pontevedresa.
O presidente da
Asociación de Empresarios de Redondela, Enrique Lago, e a directora de zona en
Morrazo/Redondela de ABANCA, Ángela Rodríguez, rubricaron hoxe un acordo na
sede da asociación que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido
empresarial da provincia.
O convenio
recolle unha ampla e competitiva oferta de produtos deseñados para facilitar o
financiamento, entre os que destacan préstamos
para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou
comisións. O texto asinado tamén recolle outras opcións de financiamento a
través de pólizas de crédito, préstamos
persoais e hipotecarios, leasing mobiliario,
avais ou liñas de desconto.
Así mesmo, para
facilitar a competitividade dos asociados, os clientes terán a súa disposición
o servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, o chamado APRAZOS. Grazas a este servizo pódense financiar
as compras de forma rápida, sinxela e económica.
O protocolo
tamén recolle unha oferta mellorada para a contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade e Bonos que permiten que os negocios paguen unha cantidade fixa todos
os meses, incluíndo un volume de vendas pactado que se corresponde co que os
comercios estiman facturar anualmente a través do TPV.
Desde as
oficinas de ABANCA tamén facilitarase a información relativa ás opcións de
financiamento do Plan Activamos,
unha iniciativa conxunta entre o banco e a Deputación de Pontevedra que inclúe
liñas de crédito a intereses baixos para facilitar o emprendemento, os novos
investimentos, a creación de emprego ou actuacións de mellora enerxética das
pemes e os autónomos da provincia.
Do mesmo xeito,
os empresarios pertencentes a esta asociación poderán desfrutar das fórmulas de financiamento oficiais
incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos
organismos públicos. ABANCA está adherida á liña de convenio ‘Empresas e Emprendedores’ co ICO,
mediante o cal as empresas poderán dispoñer de recursos financeiros para
acometer os seus proxectos de investimento e cubrir as súas necesidades de
liquidez no ámbito doméstico. Tamén poderán gozar das vantaxes do acordo do
banco coa sociedade galega de garantía recíproca Sogarpo.
Así mesmo, os
comerciantes adheridos poderán beneficiarse das vantaxes do Programa Cero Comisións de
ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e
tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros
servizos habituais. ABANCA poñerá ademais a disposición da asociación o seu
servizo de banca electrónica.
O acordo incluso
permite que aqueles empresarios que estean a pensar ampliar o seu negocio á
venda por Internet poidan gozar dun desconto
do 20% na creación dunha tenda online,
grazas a un acordo de ABANCA coa empresa Palbin.
Doutra banda, co
ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos asociados e dar unha
atención máis personalizada a este colectivo, o banco poñerá á súa disposición
persoal especializado en xestión de seguros,
quen informará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada
asociado.
A Asociación de
Empresarios de Redondela agrupa os intereses de comerciantes e empresarios desta
localidade pontevedresa, que exercen a súa actividade nunha ampla
representación de sectores estratéxicos. Doutra banda, ABANCA conta coa rede
máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e
pemes.