Asociados

Actualmente, a Asociación de Empresarios de Redondela aglutina a un colectivo de máis de 300 empresas de distintos sectores produtivos.
MIGUEROA OCIO EDUCATIVO

MIGUEROA OCIO EDUCATIVO


Dirección

ESTRADA DE VIGO, Nº 18BX
CP: 36812

Teléfono: 680279584
E-mail: migueroaocio@gmail.com
URL: https://www.facebook.com/Migueroa-Ocio-310077323192216/

Descripción

¿QUENES SOMOS?

Somos Olalla (Mestra especialista en Educación Infantil e Monitora de Ocio e Tempo Libre) e Antía (Educadora Social, Directora e Monitora de Ocio e Tempo Libre), unhas mozas de Redondela que tras máis de 10 anos de experiencia na educación formal e na animación sociocultural, con moita ilusión, creamos unha pequena empresa no verán do 2018, denominada “Migueroa Ocio Educativo S.C.” O noso obxectivo principal é ofrecer ferramentas educativas e de formación persoal para o desenvolvemento dos nenos/as a nivel físico, intelectual, social e emocional.
É fundamental para nós o ocio, o xogo e o tempo libre, xa que axuda á participación na vida colectiva facilitando o desenvolvemento da personalidade dentro dun marco social, potenciando a convivencia na igualdade, interculturalidade e coeducación.

¿QUÉ FACEMOS?

As nosas principais actividades son:
- Xestión e organización de ludotecas.
- Campamentos urbanos en colexios, concellos e centros culturais.
- Actividades extraescolares e Plan Madruga en colexios.
- Actividades culturais e celebracións de festas para diferentes entidades: Magosto, Samaín, Nadal, Entroido, Festa Fin de Curso, obradoiros temáticos...
- Conta contos (Samaín, Nadal, Igualdade...).
- Xincanas temáticas.
- Animacións infantís: celebracións de Aniversarios, bautizos, comuñóns, vodas.


¿EN QUE SOMOS ESPECIALISTAS?

Somos especialistas en programar e desenvolver diferentes actividades de animación sociocultural.


OUTROS DATOS DE INTERÉS:

Traballamos para asociacións (culturais, ANPAS…), Concellos e particulares.
A nosa empresa está incluída no catálogo do Pontegal como empresa de Animación Infantil, podendo ser subvencionadas as nosas actividades por parte da Deputación de Pontevedra para as asociación que nos contraten.

Horario

Non temos un horario definido. Depende das actividades contratadas. Podemos traballar de luns a domingo en calquera horario.

Actividades

  • ANIMACIÓN INFANTIL - [Servizos]

Imaxes

    Volver