R/ REVERIANO SOUTULLO, Nº 16 BAIXO
CP: 36800
Teléfono: 886122586
E-mail: [email protected]
URL:
www.tiaestebana.com
¿QUENES SOMOS?
No centro histórico, na mesma vía do camiño de Santiago, un lugar no que te sentirás a gusto e onde poderás atopar os nosos produtos seleccionados con moitísimo agarimo pola súa gran calidade e o seu xenuino valor gastronómico e cultural. Un espazo no que sinxelamente poderás pasar un anaco observando curiosidades gastronómicas, degustar deliciosos almorzos ou aprender algo máis de cociña nalgún dos moitos talleres, catas ou cursos que organizamos.
¿QUÉ FACEMOS?
Venta de produtos de alimentación e todo o relacionado coa gastronomía así como eventos gastronómicos, cursos de cociña, talleres, catas e presentacións de produtos. En Tía Estébana dispoñemos dun espazo atractivo e funcional para degustar novos sabores e disfrutar aprendendo.
¿EN QUE SOMOS ESPECIALISTAS?
Queixos, embutidos e viños
OUTROS DATOS DE INTERÉS
Facemos cestas de regalo a medida