A FESTA DE PRIMAVEIRA DA PRAZA DE ABASTOS 2026
Temática: A historia das Prazas de Abastos de Redondela

A Praza de Abastos convértese nun espazo cheo de cor, premios, sorteos, xogos e tradición para celebrar a I Festa de Primaveira, unha homenaxe á historia dos mercados de Redondela e ao papel esencial que teñen no noso día a día. Un evento único para gozar en familia, apoiar o comercio local e descubrir a esencia da nosa vila.
Un programa pensado para todas as idades, combinando promocións, xogos e diversión:
Premios e agasallos especiais para o público asistente
Concursos e sorteos ao longo da mañá
Promocións exclusivas nos postos da Praza
Ambientación musical e ambiente festivo
Degustacións de produtos locais
Xogos infantís para que as crianzas tamén celebren a primavera
Descobre a exposción A HISTORIA DOS MERCADOS na que poderás realizar un percorrido pola evolución dos mercados de abastos de Redondela: a súa arquitectura, o seu papel social e económico. Unha oportunidade para redescubrir o noso patrimonio e poñer en valor o comercio de proximidade a través dos mercados de Abastos.

Participa nos xogos e gaña fantásticos premios. Do 20 ao 30 de maio consegue a túa tarxeta de cliente e acumula selos polas túas compras.

Participa neste divertido xogo de azar cheo de emoción no que poderás conseguir numerosos agasallos, recordos promocionais e moitas sorpresas dos produtos máis frescos e auténticos da Praza de Abastos.
Cada volta é unha oportunidade para levar un recordo único da praza… e para celebrar o valor do noso comercio local dun xeito lúdico e participativo.
Completa a túa tarxeta de cliente, cantos máis selos teñas máis tiradas e achégate á ruleta e… que a sorte te acompañe!
HORARIO DA RULETA: a ruleta estará aberta por intervalos de media hora dende ás 11:00 da maña.
venres 29 de 11:00h-11:30h e de 12:00h-12:30h
sábado 30 de 11:00-11:30h, de 12:00-12:30 e de 13:00 a 13:30h


A Festa de Primavera tamén é un espazo pensado para os máis pequenos da casa. Durante a xornada do sábado 30, a Praza de Abastos converterase nun lugar cheo de creatividade e divertidos xogos e descubrimentos.
Os nenos e nenas poderán participar en xogos tradicionais, vivir unha emocionante gincana para descubrir o mercado —que se poderá facer de forma individual ou en equipo— e gozar dun taller creativo de delantais, onde personalizarán a súa propia peza para levar de recordo.
Un programa deseñado para que a infancia explore, aprenda e se divirta mentres coñece a praza e os seus produtos dun xeito lúdico e participativo.