A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA LANZA A CAMPAÑA DO DÍA DA NAI 2026 DESTACANDO A IMPORTANCIA DE APOSTAR POLO LOCAL A TRAVÉS DO PARALELISMO ENTRE COMERCIO E DEPORTE.
Baixo o lema “Xoga polo que cres. Aposta polo comercio local”, a acción integra un modelo híbrido que combina actividades nos establecementos coa difusión dixital, garantindo un impacto directo tanto na clientela como nos negocios participantes.
A Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha unha nova edición da Campaña do Día da Nai 2026, que se desenvolverá a partir do 23 de abril e se prolongará durante todo o mes de maio. Nesta ocasión, a iniciativa presenta unha proposta que combina a dinamización comercial coa visibilidade do talento deportivo feminino da localidade, unidos por un mesmo propósito: reforzar o valor do local a través do paralelismo entre o comercio e o deporte de proximidade.
A campaña busca, en clave local, destacar como ambos sectores —cada un desde a súa realidade— comparten esforzo, constancia e dedicación, converténdose en motores fundamentais para a vida económica e social de Redondela.
Ademais, a acción incorpora unha mirada en clave feminina, poñendo o foco na visibilización das deportistas da vila, que representan con orgullo o espírito de superación, compromiso e identidade da comunidade.
A campaña comprende sorteos, promocións no Marketplace e
unha iniciativa única busca transformar o acto de compra nunha experiencia
emocional e participativa, na procura da interacción social a través da
Exposición “ELAS XOGAN”.
Sorteo por compras:
gaña unha camiseta oficial do teu equipo favorito
As persoas que realicen compras entre o 23 de abril e
o 3 de maio poderán participar no sorteo dunha camiseta oficial do seu
equipo favorito.
Para iso deberán rexistrar os tickets na plataforma Participa!
(dispoñible ata o 6 de maio). Canto maior sexa o número de tickets rexistrados,
máis opcións terán de gañar.
Marketplace especial:
ideas para regalar
A Asociación habilita no seu Marketplace oficial unha sección específica con produtos, experiencias e servizos pensados para todos os estilos de nai, facilitando a elección de agasallos e reforzando a visibilidade do comercio local, reforzando a difusión a través das redes sociais.
Exposición “Elas
Xogan”: o deporte feminino toma os escaparates
Co lanzamento da campaña a Asociación convida a todas as
deportistas locais a ser protagonistas da exposición urbana “Elas Xogan”. O 2
de maio, coindicido co día da Nai, os escaparates dos establecementos
participantes presentarán a exposición “Elas Xogan”, unha mostra
dedicada a:
- Xogadoras
de equipos femininos da localidade
- Deporte
base e canteira local
A iniciativa transformará os establecementos da vila nun percorrido
visual que pon en valor ás verdadeiras protagonistas do deporte local, para
destacar o talento que medra desde abaixo.
A campaña tamén abre a porta á participación cidadá:
calquera muller deportista pode enviar a súa fotografía e datos a través do
formulario habilitado na web da Asociación. https://www.empresasredondela.gal/noticias/campana-do-dia-da-nai-2026
Con esta campaña, a Asociación de Empresarios de
Redondela reafirma o seu compromiso coa dinamización económica, a promoción do
comercio local e o apoio ao tecido social e deportivo da vila.
Máis
información e inscricions para deportistas interesadas:
Asociación de Empresarios de Redondela
r/ 8 de Marzo, nº 6, 36800 Redondela
T. 986 40 40 12
[email protected]
www.empresasredondela.gal