FOTO NOTICIA WEB-CNR2026.jpg

A CAMPAÑA MÁIS COLORISTA DO ANO CHEGA AO COMERCIO DE REDONDELA: VOLVE COMERCIO NA RÚA CON DOUS DÍAS DE DESCONTOS, PROMOCIÓNS E UN ADIANTO EXCLUSIVO DAS REBAIXAS

E como novidade, dúas grandes festas infantís que encherán Redondela de cor, música e diversión familiar.

A Asociación de Empresas de Redondela pon en marcha unha nova edición de COMERCIO NA RÚA, a campaña de dinamización comercial máis colorista e participativa do ano, que encherá as rúas da vila de actividade, música, cor e diversión os días 26 e 27 de xuño de 2026. Unha iniciativa que busca impulsar as compras no comercio local coincidindo co inicio das rebaixas e que contará cun amplo programa de actividades infantís distribuídas por toda a zona comercial.

A campaña está organizada pola Asociación de Empresas de Redondela, co financiamento da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Redondela.

Como gran novidade esta edición ven acompañada de Grandes Festas Infantís e o venres 26 coa primeira edición da FEIRA DA SAÚDE.

 

O horario comercial especial destas dúas xornadas será de 10:00-14:00h e de 17:00-21:00h, e no que participarán case medio centenar de establecementos.

VENRES 26 DE XUÑO ·

Durante toda a xornada celebrarase na Alameda de Castelao a Feira da saúde, con numerosas propostas divulgativas e demostracións para aprender a coidarnos e mellorar os nosos hábitos de vida, e pola tarde, as rúas comerciais acollerán actividades para público familiar.

 O día pechará cunha das citas máis esperadas polos máis pequenos: a Gran Festa Holi, con polvos de cores e animación musical a partir da 19:300h.

SÁBADO 27 DE XUÑO ·

A partir das17:00 haberá xogos e actividades en diferentes puntos da zona comercial converteranse en espazos de xogo e creatividade:

  • Pintacaras
  • Obradoiro de globos de cores
  • Pintura no chan
  • Xogos tradicionais
  • Photocall da campaña

A xornada culminará a partir das 19:30h cunha espectacular Festa da Espuma, con canón profesional, música, zona segura delimitada.

UNHA CAMPAÑA QUE ENCHE REDONDELA DE VIDA, COR E COMERCIO

Comercio na Rúa consolídase como unha das accións de dinamización máis recoñecidas da Asociación de Empresas de Redondela, un formato que combina actividade vendas con ofertas, promocións e este ano co inicio adiantado das rebaixas comercio de proximidade.

A entidade anima á veciñanza a estrear as rebaixas no comercio local, desfrutar das actividades e apoiar aos establecementos que manteñen viva a economía da vila.