BANNER-WEB.jpg

NOVO PLAN DE HOSTALARÍA SEGURA

Este documento estará en continúa revisión e actualización en función das novas evidencias das que se dispoña sobre o SARS-CoV-2.

 

Martes, 14 de setembro de 2021

ORDE do 14 desetembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.


NIVEIS DOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN:

    1. Nivel 1c - UNHA CUNCHIÑA

        - Nivel de obrigado cumprimento aplicable por defecto para todos os establecementos.

        -  No interior o 50 % da capacidade máxima. Nas terrazas o 75 %.

        -  O horario límite de peche ao público será ás 1.00 horas.

        - Deberán utilizarse os modelos de cartel correspondentes a este nivel postos á disposición para a súa impresión na páxina web https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura ou na plataforma de Turespazo (https://turespazo.turismo.gal).

        - Ter elaborado un Plan de continxencia pola COVID-19 que recolla todas as medidas hixiénico-sanitarias que se aplicarán e que sexa coñecido por todo o persoal.

        - Asegurar unha distancia de 1,5 metros entre mesas e agrupacións de mesas.

        - En canto aos aseos, deberá sinalizarse a súa capacidade, e a súa limpeza e desinfección mínima será de dúas veces ao día.

        - Avaliación non continua: Dispor de dispositivos medidores de CO2. Realizar e rexistrar as medicións polo menos cada 4 horas e nos momentos de máxima afluencia. Non se deberán superar no interior as 800 ppm de concentración de CO2 .

        - En materia do persoal traballador. Dotación de máscara obrigatoria cirúrxica e cambio cada 4 horas.

        - Asegurar a formación do persoal traballador (formación básica de 2 horas).

        - Deberá contarse con roupa de traballo específica.

        - Os establecementos deberán contar con hidroxel en varios puntos do local ademais de na entrada e nos aseos.

        - Os establecementos deberán ter itinerarios de circulación diferenciados.

        - Control da máscara obrigatoria para clientes.

        - No caso de dispoñer de mecanismos de pagamento electrónico, como o pagamento con tarxeta, ofrecelo como sistema fronte ao uso de diñeiro en efectivo

        - No caso de ter carta material, esta deberá permitir a súa desinfección.

        - Deberase empregar manteis dun só uso (poderanse empregar manteis de tea sempre que se cambien entre cliente e cliente).

        - Produtos autoservizo de uso individual: deben adoptarse medidas para o uso de produtos de autoservizo como gardapanos, portaescarvadentes, vinagreiras, aceiteiras etcétera, evitando o uso sucesivo entre clientes sen desinfección previa, ofrecendo o servizo por parte do persoal baixo petición do cliente ou priorizando as monodoses desbotables. 


  2.  Nivel 2c - DÚAS CUNCHIÑAS

        - Aplicable no caso de que os establecementos de hostalaría se comprometan a aplicar medidas adicionais.

        -  No interior o 75 % da capacidade máxima. Nas terrazas o 100 %.

        - Permítese o consumo en barra, de maneira individual ou cun máximo de 2 conviventes ou integrantes dunha mesma burbulla.

        -  O horario límite de peche ao público será ás 1.00 horas.

        - Deberán utilizarse os modelos de cartel correspondentes a este nivel postos á disposición para a súa impresión na páxina web https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura ou na plataforma de Turespazo (https://turespazo.turismo.gal).

        - Ter elaborado un Plan de continxencia pola COVID-19 que recolla todas as medidas hixiénico-sanitarias que se aplicarán e que sexa coñecido por todo o persoal.

        - Asegurar unha distancia de 1,5 metros entre mesas e agrupacións de mesas.

        - En canto aos aseos, deberá sinalizarse a súa capacidade, e a súa limpeza e desinfección mínima será de tres veces ao día.

        - Avaliación continua: Dispor de dispositivos medidores de CO2 en continuo. Non se deberán superar no interior as 800 ppm de concentración de CO2 .

         - En materia do persoal traballador. Dotación de máscara obrigatoria cirúrxica e cambio cada 4 horas. Dispoñer de máscaras FFP2 e ofertalas ao traballador (cambio cada 8 horas).

        - Asegurar a formación do persoal traballador (formación básica de 4 horas).

        - Deberá contarse con roupa de traballo específica.

        - Deberá ofrecerse ao persoal traballador a realización de probas diagnósticas periódicas cada 15 días.

        - Os establecementos deberán contar con hidroxel en cada mesa ou agrupación de mesas.

        - Os establecementos deberán ter itinerarios de circulación diferenciados.

        - Control da máscara obrigatoria para clientes. Dispoñibilidade para dotar de máscara cirúrxica noa aos clientes en caso necesario.

        - No caso de dispoñer de mecanismos de pagamento electrónico, como o pagamento con tarxeta, ofrecelo como sistema fronte ao uso de diñeiro en efectivo

        - Carta dixital, QR, taboleiro.

        - Deberase empregar manteis dun só uso (poderanse empregar manteis de tea sempre que se cambien entre cliente e cliente).

        - Produtos monodose: empregarase productos dun só uso no caso de productos como vinagre, aceite, salsas e condimentos, etcétera. 

        - Rexistro de clientes: Deberase sontar polo menos coa información dun contacto por mesa que inclúa nome e apelidos, DNI e número de teléfono.

        - Fomentar o uso de ferramentas como PassCovid e RadarCovid, a través de carteis ou información dispoíble ao público.


    3. NIVEL DE SEGURIDADE:

        - Este nivel só será de aplicación cando así o decidan as autoridades sanitarias en situaciòns extraordinarias.

        -  No interior o 30 % da capacidade máxima. Nas terrazas o 50%.

        -  O horario límite de peche ao público será ás 23.00 horas.

        - Deberán utilizarse os modelos de cartel correspondentes a este nivel postos á disposición para a súa impresión na páxina web https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura ou na plataforma de Turespazo (https://turespazo.turismo.gal).

       - Os responsables dos establecementos comprométense a aplicar as regras comúns para todos os establecementos de hostalaría e restauración.



As medidas previstas na presente orde e no seu anexo terán efectos a partir das 00.00 horas do 15 de setembro de 2021.