FOTO 1.gif

ENQUISA AO SECTOR HOSTALEIRO

AS AXUDAS AO SECTOR HOSTALEIRO SON XA A ÚNICA VÍA DE SALVACIÓN QUE LLE QUEDA AO SECTOR.

UNHA ENQUISA REALIZADA POLA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA EVIDENCIA A CRÍTICA SITUACIÓN ECONÓMICA QUE ESTÁ A VIVIR O SECTOR HOSTALERIO MENTRES AS ADMINISTRACIÓNS PUGNAN POLA XESTIÓN DOS FONDOS DE RESCATE AO SECTOR.



De novo este mércores 27 de xaneiro a hostalaría vota o peche e tan so un 20% dos hostaleiros aposta por manter unha apertura con servizo para levar ou entregar a domicilio.
 
Segundo unha enquisa realizada pola Asociación de Empresarios de Redondela entre as empresas do sector hostaleiro da localidade, o 82% dos hostaleiros enquisados non considera atribuíble ao sector hostaleiro a propagación de contaxios.
 
A enquisa, na que participaron bares e cafeterías (64%), restaurantes e taperías (27% ) e  establecementos de aloxamento (9%), arroxa datos que poñen de manifesto a insuficiencia de todos os programas de axuda que se teñen articulado ata o momento.
 
Os establecementos hostaleiros soportan por termino medio unha estrutura de gasto que ronda os 10.000€ mensuais. O 40% correspóndese a gastos salariais e de seguridade social de traballadores autónomos e traballadores por conta allea. Considerando os datos dos porcentaxes medios de traballadores en ERTE este custe tense minorado nun 66%, polo que a medida acada unha valoración medio-alta en canto ao apoio ao sector. O 20% correspondese en gastos de aluguer, polo que na localidade o gasto medio do aluguer dun local comercial de hostalaría está en torno a 2.000€ mensuais. A suma dos importes das axudas convocadas pola administración local nas que sería subvencionable este concepto ascendería a 800€ para todo o exercicio 2020. As medidas instrumentadas por outras administracións para mitigar os gastos de aluguer non acadan unha valoración positiva xa que consideran que non lles afectou ou non se dan as condicións para a súa aplicación. Subministracións (auga, luz, gas...) supoñen por termo medio uns 1.800€ mensuais e a redución dos consumos nos períodos de inactividade a penas teñen unha minoración nos recibos dado a importante carga impositiva que se soporta como é o caso dos recibos da corrente eléctrica.
A lista de gasto mensuais ou en prorrata suma e segue: servizos exteriores (asesoría, servizo de prevención de riscos, etc..), impostos e taxas, primas de seguros e un longo etc.   acumúlanse tras meses con ingresos baixos mínimos.
 
As medidas de apoio ao sector deben basearse ao menos en tres eixos fundamentais:
 
MEDIDAS PARA PRESERVAR O EMPREGO. O 90% da empresas enquisadas manteñen en ERTE a 2 ou mais traballadores, traballadores que están a vivir a incerteza dos seus postos de traballo e que se está a traducir necesariamente en incertezas en decisións de comprar que frean o consumo.
 
MEDIDAS DE RESCATE.  Articular un sistema de rescate xusto, equitativo e equilibrado é todo un reto e debera basearse na conta de resultados ou peche contable para o exercicio 2020 e prorrogable durante os vindeiros períodos na medida na que o sector non poida desenvolver a súa actividade nunhas condicións de normalidade.
 
MEDIDAS DE MELLORA COMPETITIVA. O sector hostaleiro e a actividade turística en xeral, son un dos grandes afectados pola pandemia polo que tamén será preciso articular medidas para mellorar a posición competitiva. Será un reto para os pequenos empresarios locais identificar os novos elementos clave para o éxito dos seus locais:
 A dixitalización, que se veu acelerada e que se converterá nun eixo fundamental para a xestión de moitos negocios.
  • A omnicanalidade: novos  formatos en crecemento: “delivery”, “take-away”, “drive-in”, etc.
  • A adaptación morfolóxica do espazos, tendencia a locais amplos con terraza capaces de prestar servizos diferenciados pero complementarios: barra, terraza, comedor, reservados, etc.
  • A importancia crecente dos conceptos de sustentabilidade: comida saudable, produtos de proximidade
  • Maior preocupación pola hixiene.
  • A profesionalización.
As distintas administración deben deixar a un lado a pugas e definir un plan capaz de dar resposta as necesidades máis inmediatas sen esquecer os retos a medio e longo prazo.